CRTVG

Buscar

Dispáranse os contaxios e os casos activos (+102) na véspera de Noitevella

Publicado o 30/12/2020 09:46

• Soben con forza na área da Coruña (+72)

• A cifra de persoas hospitalizadas descende (-10)

• Aumenta o número de contaxios a niveis de hai un mes

Dispáranse os contaxios e os casos activos (+102) na véspera de Noitevella

Cando faltan pouco máis de 24 horas para despedir o ano, Galicia volve aumentar o número de casos activos de covid-19 diagnosticados. Segundo os últimos datos do Sergas, hai 5.625 casos activos en Galicia, o que son 102 máis ca onte.

Houbo 488 contaxios, 441 confirmados por PCR, a cifra máis elevada en máis dun mes.

Por áreas sanitarias, a repartición dos casos activos é a seguinte:

• Santiago: 1.373 (+37)

• Vigo: 1.173 (-19)

• A Coruña: 956 (+72)

• Pontevedra: 821 (-31)

• Ourense: 545 (+20)

• Lugo: 430 (+33)

• Ferrol: 327 (-10)

A presión hospitalaria, estable

Nos hospitais galegos a situación presenta unha certa estabilidade. Tras varias subas hai dous días, hoxe redúcese o número de persoas hospitalizadas. Hai 337 ingresadas, 282 en planta (-9) e 55 en UCI (-1). 

No que respecta á cifra de falecementos, esta acada as 1.386 tras a notificación do Sergas de seis falecementos por mor da covid-19 en Galicia.

A positividade, por riba do 5 %

Soben as probas PCR, pero non chegan ás cifras habituais de hai unha semana. O Sergas notifica 6.448 probas PCR, o que son 2.567 máis respecto a onte.

Delas, deron positivo 441, das cales máis da metade son só nas áreas sanitarias da Coruña e Santiago. Isto implica unha positividade do 6,84 %, a liña dos últimos catro días. Así, a positividade consolídase por riba do 5 % -5,62 %-.

 

 

 

Mapa de incidencia por concellos