CRTVG

Buscar

Dispáranse os casos nas residencias de Galicia, con dous gromos en Ribeira e Tui

Publicado o 07/01/2021 20:34

O gromo na residencia Paz y Bien de Tui foi un dos últimos en coñecerse. Os síntomas dalgúns residentes fixeron que se activasen as alarmas. Polo momento, xa hai confirmados 41 usuarios contaxiados e 13 traballadores, se ben non se desbota que aumente a cifra, xa que hai outras 10 persoas en estudo. Ata o de agora conseguiran manterse sen contaxios. Xusto este venres ía comezar a vacinación da covid no centro, que xa quedou suspendida.

É unha das residencias máis afectadas neste momento xunto coa de Vimianzo, onde hai 98 usuarios contaxiados e 19 traballadores, case o 70 % da residencia.

Tamén se confirmaron na residencia de Ribeira nas últimas probas 21 positivos: 19 usuarios e 2 traballadores. Dáse a circunstancia de que neste centro recibiron a pasada semana a primeira dose da vacina. Crese que os contaxios puideron producirse antes de seren vacinados.

En calquera caso, os expertos advirten que a vacina non garante inmunidade ata unha semana despois de poñer a segunda dose.

 

Noticias web

07/01/2021