CRTVG

Buscar

Dispáranse os casos da covid en Padrón, que suma 19 positivos en sete días

Publicado o 03/05/2021 15:09

No día en que chega a ilusión dos primeiros pementos da temporada, chegan tamén as restricións de tipo alto pola covid, por un gromo que todo apunta a que se diseminou, precisamente, desde a parroquia de Herbón. O único bar do lugar, onde estiveron como clientes algúns dos infectados, está hoxe pechado e silencioso.

Hai certa indignación veciñal ao saberse que a orixe do gromo puido estar en dous homes que, a sabendas de que tiñan a covid, andaron de viños e de tapas.

O resultado son 26 contaxiados, dos que 19 se detectaron nos últimos sete días. O medo é que as cifras medren aínda máis e que acaben por quedar perimetrados.

Laméntano en especial os hostaleiros, que vén como pola imprudencia dalgúns, outros ven afectado o seu modo de vida.

O Sergas xa chamou a cribados os veciños de Herbón e Carcacía para tentar deter o incremento de casos.

Máis sobre Padrón