CRTVG

Buscar

Dispáranse as matriculacións nas autoescolas logo da ABAU

Publicado o 13/07/2020 14:35

O remate da Abau e a nova normalidade está a encher as autoescolas de novos alumnos. O verán é cando moitos dos que fan 18 anos aproveitan para sacar o carné, e este ano acumúlanse os que non puideron examinarse por mor do confinamento.

As medidas de seguridade e hixiene nas clases teóricas e prácticas esténdense tamén aos exames. A DXT tamén está a ofertar os cursos de recuperación de puntos para aqueles condutores que perderon o carné por acumulación de infraccións.

Segundo a Dirección Xeral de Tráfico, quedaron mais de 400.000 probas sen facer por mor do confinamento. Entre atrasos e novas matrículas, son miles os alumnos que vivirán a nova normalidade das autoescolas.

 

Noticias web

13/07/2020