CRTVG

Buscar

Dispáranse as alertas pola aparición de serpes co aumento da calor

Publicado o 02/06/2020 13:45

En Vigo disparáronse as alertas pola aparición de serpes. É un fenomeno habitual que se produce cando soben as temperaturas. Din os expertos que a súa aparición non aumentou pero si a súa difusión por redes sociais. A maior parte das que aparecen en Galicia non supoñen un perigo para a saúde e fan un chamamento a calma.

A presenza das serpes pode impresionar en leiras, sotos e garaxes, pero os expertos recordan que a maior parte das que aparecen en Galicia non son perigosas nin supoñen risco ningún.

Para evitar complicacións, o mellor é alertar da súa presenza e que sexan os expertos os que se encarguen de capturalas. O mellor é dar aviso para que as serpes sexan devoltas con tranquilidade ao seu hábitat natural.

 

Noticias web

02/06/2020