CRTVG

Buscar

Disparan contra tres gardas civís en Cádiz

Publicado o 04/09/2020 16:43

Segue a busca do fuxitivo que disparou a tres gardas civís no marco dunha operación antidroga na serra de Cádiz.

Os axentes víronse sorprendidos por dous individuos agochados nun dos cultivos que abriron lume contra eles.

Un dos atacantes xa foi detido, e máis de douscentos axentes e cans adestrados rastrexan a zona por terra e aire para localizar o outro.

Noticias web

04/09/2020