CRTVG

Buscar

A vítima de violencia machista no Grove presentara denuncia contra o seu ex-marido

Publicado o 06/12/2018 14:32

• O home foi detido por dispararlle á ex-muller na súa vivenda

• A vida da vítima, á que rescataron por unha ventá, non corre perigo

Na localidade do Grove, a tranquilidade do día festivo contrastaba coa tensión vivida 24 horas antes. Era preto da unha da tarde, cando a Policía Local recibía a chamada dunha persoa, alertando de que unha muller estaba pedindo auxilio a través dunha fiestra.

Unha vez que a vítima foi rescatada e trasladada a un centro hospitalario, as forzas de seguridade coordináronse para proceder a intervir no domicilio. Foron unidades especiais da Garda Civil as que conseguiron acceder ao interior. Minutos despois o suposto agresor era trasladado ao Hospital de Montecelo, ferido de bala.

Segundo fontes da investigación, intentou suicidarse despois de dispararlle á que fora a súa muller. A parella estaba en trámites de separación. Tanto o concello como a Policía Local confirman que se trata dun caso de vilencia machista, a vítima presetara unha denuncia por agresión, e sobre el pesaba unha orde de afastamento. Non residía, pois, no domicilio familiar, senón na cidade de Ourense.

Onte quebrantou esa orde, presumiblmente coa intención de matar a muller. A vítima permanece ingresada no centro hospitalario e está fora de perigo. O detito está tamén hospitalizado, á espera de ser dado de alta para pasar a disposición xudicial.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2018