CRTVG

Buscar

Disolta unha festa nun bar de Lugo con 90 persoas

Publicado o 06/10/2020 13:38

Nova intervención en Lugo nun local por incumprir as medidas anticovid. A policía disolveu unha festa no establecemento onde había 90 persoas, 23 delas sen máscara. Varios clientes foron denunciados por desobediencia aos axentes e o dono do establecemento, por exceso de ocupación e permitir o consumo de bebidas na barra.

A operación foi na zona da Milagrosa, que en agosto sufriu as restricións sanitarias máis duras, xa que se concentraba neste barrio o maior número de contaxios do gromo que afectou a cidade.

Noticias web

06/10/2020