CRTVG

Buscar

Disolta con gases a concentración opositora a Maduro en Caracas

Publicado o 10/03/2019 11:09

O presidente encargado de Venezuela, Juan Guaidó, anunciou que iniciará unha xira polo país que rematará cunha gran concentración en Caracas para reclamar o poder que detén desde o 2013 o chavista Nicolás Maduro.

A policía non deixou rematar esta concentración opositora, convocada na capital, e disolveuna con gases lacrimóxenos.
Mentres, Caracas continúa sufrindo, por terceiro día consecutivo, os cortes de luz que afectan tamén a outros estados do país, tras os fallos rexistrados na hidroeléctrica principal de Venezuela, que subministra enerxía eléctrica á maioría do seu territorio.

 

Noticias web

10/03/2019