CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Dismorfia Snapchat, o trastorno de querer semellarse ás autofotos con filtros

Publicado o 22/08/2018 15:25
Non se trata do único trastorno que se está a producir coa moda das autofotos. Xa se dan casos de persoas que acoden ao cirurxián para semellarse ás súas versións virtuais. Chámase Dismorfia Snapchat e calcúlase que afecta o 2% da poboación.





En pleno verán raro é non atoparse con alguén facendo unha autofoto polas rúas. Pasamos horas enganchados á pantalla do móbil, onde as redes sociais son as que mandan e as que máis enganchan.
Inserto.

Iso si. Á hora de compartir a autofoto polas redes moitos recorremos a algún que outro filtro para mellorar a nosa aparencia.
Insertos.

Coidado co uso destes retoques, nalgúns casos pode desembocar na xa coñecida como dismorfia snapchat. Un trastorno obsesivo-compulsivo que fai que queiramos modificar o noso rostro cara á versión con filtros. Polo xeral dáse en perfís con baixa autoestima que buscan no 'like' o autorrecoñecemento.
Inserto.

Cálculase que afecta un 2% da poboación. Por iso hai quen nas vacacións aproveita para deixar o teléfono de lado na busca das relacións físicas.
Inserto.

Os psicólogos inciden en que o problema non radica na ferramenta, senón no uso que nós lle deamos e que todo comeza por asumir que a perfección é inalcanzable.