CRTVG

Buscar

O arco compostelán de Mazarelos segue exposto ao tráfico mentres se debate sobre a peonalización

Publicado o 18/05/2021 14:22

Van varios meses da peonalización parcial de rúas próximas á praza de abastos de Santiago e mantense a discrepancias de comerciantes e veciños. Os representantes dos residentes argumentan que a zona alberga o arco testemuño da muralla medieval de Santiago. Por el seguen a pasar entre as 6 as 15 horas de luns a sábado ata vehículos que caben xusto.

Roberto Almuíña, presidente da Asociación de Veciños Fonseca: "A porta de Mazarelos tamén forma parte da declaración de Patrimonio da Humanidade que se lle recoñeceu a esta cidade, e por iso hai que defendela".

Entre os comerciantes predominan os que se opoñen á peonalización total porque, din, perden clientes porque non poden chegar co coche.

Isabel, que traballa nunha carnicería, di sobre a praza de abastos: "Necesita acceso en coche. Non sei de que xeito, canto tempo, pero si que hai que acceder".

Esteban é dono de Carnicería Esteban e afirma: "Hoxe a xente ten que chegar co coche preto, ou queremos chegar co coche preto".

Esta mañá operarios municipais proseguían coa restauración da pedra tras a retirada dos pivotes. Porén, todo apunta a que a peonalización total desta área arredor da facultades de Xeografía e Historia e da de Filosofía está postposta polo Goberno municipal.

Roberto Almuíña, presidente da Asociación de Veciños Fonseca: "Así como había momentos en que se marcaban prazos para completar a peonalización agora mesmo non vemos que teñan vontade (os gobernantes municipais) de avanzar nese tema.

O arco de Mazarelos, sobre o que segue plantada unha estrutura nada medieval, seguirá exposto ás rozadas e os veciños e transeúntes as contaminacións dos vehículos. De momento só se libran pola tarde e pola noite e todo o día se e domingo ou festivo.

Noticias web

18/05/2021