CRTVG

Buscar

Discotecas, teatros e cines pecharán esta fin de semana

Publicado o 13/03/2020 17:05

E o ocio nocturno tamén se suma ás recomendaciós da Xunta. Os principais locais de concertos e discotecas das cidades galegas non abrirán as súas portas esta fin de semana. Teatros e cines tamén pechan en gran parte. Os Yelmo anunciaban hai unhas horas a clausura de todas as súas salas en España.

Na súa conta de Facebook, a discoteca La Luna de Pontevedra anunciábao hoxe: pechan as súas portas esta fin de semana e así continuarán o tempo que estipulen as autoridades sanitarias. Coma eles moitas outras discotecas, pubs e salas de concertos de todas as cidades galegas. Algúns organizadores xa decidiran aprazar ou cancelar concertos e outras actividades motu propio nos días anteriores. Apelaban á responsabilidade cos seus traballadores e co público en xeral.

Dende a Asociación Galega de Concertos asumían a necesidade sanitaria destes peches a pesar do prexuízo económico.

Xunto aos locais de ocio nocturno, os teatros e outros espazos escénicos e culturais en que a capacidade é maior de 50 persoas están cancelando tamén as súas actividades. En principio polo tempo que determinen as autoridades saitarias.

Noticias web

13/03/2020