Discamino, unha iniciativa que logra que persoas discapacitadas peregrinen en bici, volve ao Obradoiro
Publicado o 20/06/2021 16:37
Malia que as persoas con discapacidade que participaron nesta edición de Discamino están nun centro en Bóveda, o punto de partida para facer o Camiño foi Vigo, o venres pasado.
En total foron 105 quilómetros, en tres etapas, feitos nestas bicicletas adaptadas especialmente.
Esta iniciativa xurdiu hai doce anos.
Discamino tamén é posible grazas ao labor dos voluntarios e patrocinadores. Un traballo de moitos para que peregrinar a Santiago sexa un soño cumprido.