CRTVG

Buscar

Directos e 'podcast', protagonistas da nova web da Radio Galega

Publicado o 05/11/2018 18:53

A Radio Galega lanza este luns un redeseño da súa imaxe dixital. Reafirma a súa misión de servizo público cunha proposta que combina a forza do directo coa selección dos contidos máis destacados da súa programación. A nova web impulsará o 'podcast' como eixe do consumo radiofónico en Internet.

Na portada da nova web están dispoñibles os contidos máis salientables dos informativos e dos programas. Intégranse no proxecto grandes sinaturas como a do xornalista Fernando Ónega, o investigador Ángel Carracedo, a profesora Milagros Castro, o catedrático Jorge Mira e o divulgador Marcus Fernández.

O directo segue sendo a referencia da radio pública. O 'podcast' eríxese en eixe do consumo radiofónico en Internet e a Radio Galega impulsarao a través do seu novo deseño web. Unha nova ferramenta coa que a emisora pública reafirma a súa misión de servizo público.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/11/2018