CRTVG

Buscar

A pouca demanda dificulta a almacenaxe de gasolina nas refinerías

Publicado o 21/04/2020 09:05

A escaseza de demanda de combustibles xa ten consecuencias nas grandes petroleiras. A portuguesa Galp, moi implantada en Galicia, xa decidiu que a partir do vindeiro 4 de maio suspenderá a actividade de forma temporal a súa maior refinería en Portugal, na localidade de Sines, porque non ten xa onde almacenar o excedente de produción.

Desde hai unha semana as estacións de servizo que menos volume de vendas teñen e que non están situadas preto de infraestruturas esenciais, como hospitais ou centros de distribución, poden flexibilizar os seus horarios de apertura en España. A medida, que solicitara a patronal das estacións de servizo, foi aprobada polo Goberno ante a baixada da demanda ocasionada polo confinamento.

Nalgúns casos esa demanda baixou ata un 90 por cento, e iso obriga as refinerías a manteren un alto volume de produto almacenado.

Noticias web

21/04/2020