CRTVG

Buscar

As administracións autonómicas asumen a xestión das residencias privadas de maiores

Publicado o 23/03/2020 09:00

Desde hoxe, a xestión das residencias privadas e concertadas pasa a mans das administracións autonómicas. Un dos principais focos de contaxio estase detectando precisamente nos xeriátricos, e quérese, desta maneira, unificar en cada autonomía a xestión e a tutela desta emerxencia sanitaria.

En Galicia, as xerencias das sete áreas sanitarias serán as que asuman esta tutela que afecta uns 20.000 residentes en centros privados da comunidade. Ata o de agora, hai focos de contaxio en varias residencias, o máis grave nun centro de Celanova, pero tamén noutros de Santiago, Caldas de Reis e Vigo.

 

Noticias web

23/03/2020