Directivos de educación coñecen en Ourense os cursos de apoio do Sergas
Publicado o 22/09/2020 12:36
En Ourense, educación e sanidade traballarán coordinados na xestión da covid-19. Os centros educativos coñeceron esta mañá en que van consistir os cursos de apoio que se lles van prestar dende Atencion Primaria.
Cada centro terá un referente no centro de saúde encargado de resolver calquer problema asistencial. No día da formación cada centro elixirá tres aulas mestras que serán as encargadas de trasladar os protocolos as demais clases a través de diverso material didáctico.