Os sindicatos piden a Stellantis un compromiso para recuperar a quenda eliminada
Publicado o 22/09/2021 14:44
Agardábase un efecto dominó, e os sindicatos tratan de minimizalo. A eliminación temporal da quenda da fin de semana obriga a recolocar seiscentos cincuenta traballadores, polo que se verán afectados os eventuais doutras liñas de produción.
Para garantir este proceso solicitan á empresa unha comisión de seguimento. Un centenar de operarios deixarán a fábrica porque vencen os seus contratos. Durante a xuntanza, os representantes dos traballadores pediron á empresa o compromiso de recuperar a quenda canto antes.
A suspensión da quenda da fin de semana é por un tempo indefinido e farase efectiva o próximo 3 de outubro. Empresa e sindicatos volverán reunirse a finais da semana.