CRTVG

Buscar

A inspectora Verónica Martínez Barbero, directora xeral de Traballo, con Yolanda Díaz

Publicado o 13/01/2020 08:40

A inspectora de traballo Verónica Martínez Barbero será a nova directora xeral de Traballo no ministerio que vai ter como titular a galega Yolanda Díaz. Martínez Barbero era desde 2017 presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais, dependente da consellería de Economía, Industria e Emprego da Xunta de Galicia. Entre 2006 e 2017 exerceu como inspectora de traballo na provincia de Pontevedra. A nova alto cargo no Goberno central tamén era, na actualidade, profesora da Escola Galega de Relacións Laborais, na Coruña.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/01/2020