"Dei todo o que tiña dentro, a carreira foi moi rápida, estou contento"
Publicado o 02/10/2019 16:51
Nunca un atleta español chegou tan lonxe nesta distancia. Só había dous europeos na final. Unha final rápida, a máis rápida na historia dos mundiais. Non era a carreira que pedía Adrián polas súas características pero, aínda así, o atleta viveirense amoldouse e foi de menos a máis.
Malia ir último en case toda a carreira, Ben fixo un derradeiro treito espectacular remontando. Sexta posición. Coa a súa segunda mellor marca persona: 1 minuto, 45 segundos e 58 centésimas. Só ten 21 anos. Gañou o estadounidense Frazier con record do mundo, un corenta e dous trinta e catro.
Máis sobre actualidade
25/01/2021 16:32