Dimite un concelleiro de Más Madrid por un presunto caso de acoso sexual a unha militante do partido
Publicado o 09/10/2019 15:57
Nova crise interna do grupo municipal de Más Madrid. O concelleiro Pablo Soto renuncia ao seu escano por un presunto caso de acoso sexual a unha militante do partido, que el di que non recorda nun chío que publicou nas redes sociais.
A súa versión difire da que dá Más Madrid. A formación avala á vítima. Explican que puxeron en marcha un protocolo antiacoso e que hai un informe que confirma a gravidade dos feitos, polo que pediron a dimisión de Pablo Soto.