CRTVG

Buscar

Dimite un alto cargo de Moncloa pola súa presunta vinculación co 'caso Villarejo'

Publicado o 05/04/2019 19:42
Dimite un alto cargo de Moncloa pola súa presunta vinculación co 'caso Villarejo'

O director general de Información Nacional de Moncloa, Alberto Pozas, presentou a súa dimisión ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e foi aprobada este venres polo Consello de Ministros.  Na carta de dimisión, Pozas asegura que quere ter as "mans libres" para "redimensionar" determinados asuntos e que non lle utilicen contra o presidente do Goberno, Pedro Sánchez.  O comisario xubilado José Manuel Villarejo, en prisión provisional, declarou ante o xuíz que foi o director de Interviú o que lle deu o pendrive co suposto contido dun teléfono móbil subtraído a unha axudanta do líder de Podemos, Pablo Iglesias. Pozas foi director da xa extinta Interviú nos últimos dez anos.  

Nunha mensaxe de despedida este venress aos medios de comunicación, Pozas fai un chaamamento para que no se mesture o su nome coa coñecida "policía patriótica" que supostamente montou o Ministerio do Interior na etapa de Jorge Fernández Díaz para espiar a adversarios políticos e obstaculizar investigacións sobre o financiamento ilegal do PP.  

Noticias web

05/04/2019