Dimite outra concelleira de Democracia Ourensana por discrepancias co seu partido
Publicado o 07/07/2019 20:44

A edil de Democracia Ourensana Ana Isabel Rebanales presentou a renuncia ao seu cargo e a súa acta como concelleira. Así o transmitiron hoxe dende o concello a través dun comunicado no que apuntan que o seu abandono se debe a "discrepancias internas de organización relacionadas coas áreas que lle foran asignadas", as de Comercio e Seguridade Cidadá.
Esta é a segunda dimisión que se produce no partido de Gonzalo Pérez Jácome dende que é alcalde de Ourense tras a marcha de Ana Isabel Bertólez por motivos persoais.