CRTVG

Buscar

Dimite o presidente do Perú Pedro Pablo Kuczynski

Publicado o 22/03/2018 09:42

Acaba de dimitir o presidente do Perú, Pedro Pablo Kuczynski. A renuncia chega despois de que saísen a luz varios vídeos en que os seus aliados tratan de comprar o voto de congresistas para evitar que prosperase mañá unha moción de censura pola súa implicación no caso Odebrecht. Entre os presuntos corruptores aparece Kenji Fujimori, quen se converteu nun aliado de Kuczynski dende que en decembro o salvou da destitución supostamente a cambio do indulto ao seu pai, Alberto Fujimori. Pero, desta volta, Kuczynski perdeu o apoio mesmo no seo do seu propio partido. O mandario dixo que non podía seguir como presidente nun clima de ingobernabilidade e negou a súa implicación na compra de vontades.   

Noticias web

22/03/2018