CRTVG

Buscar

Dimite o presidente do Perú despois das protestas en que morreron dúas persoas

Publicado o 15/11/2020 19:03

O presidente do Perú, Manuel Merino anunciou este domingo a súa dimisión irrevocable á fronte da xefatura do Estado. Instou á paz e á unidade para solucionar a grave crise política que afronta o país desde que asumiu o poder hai unha semana en lugar do destituído Martín Vizcarra, acusado de corrupción.

Merino dirixiu unha mensaxe por televisión ao país para comunicar a súa decisión, só minutos despois de que o Congreso exhortara o mandatario a renunciar e convocaba un pleno para encontrar un sucesor ao presidente dimisionario. Horas antes o Goberno case en pleno abandonaba as súas funcións.

Milleiros de cidadáns celebran nas rúas a saída de Merino do poder, despois das violentas protestas do sábado en que morreron dous manifestantes nos enfrontamentos coa Policía e ducias quedaron feridos.

Noticias web

15/11/2020