CRTVG

Buscar

Dimite o presidente da Interpol, detido na China por violar a lexislación vixente

Publicado o 08/10/2018 08:47

A Organización Internacional de Policía, Interpol, anunciou a renuncia "con efecto inmediato" do seu presidente, Meng Honwei, que foi detido na China por unha presunta "violación da lexislación estatal". Segundo a prensa de Hong Kong, estaba sendo investigado como antigo responsable do Goberno chinés e puido ser vítima dunha purga interna do réxime. No seu lugar asume de xeito interino a presidencia o ata agora vicepresidente sénior no Comité Executivo da Interpol.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/10/2018