CRTVG

Buscar

Dimite o ministro de Facenda da Arxentina tras o revés do oficialismo nas primarias

Publicado o 18/08/2019 13:09

Tras a derrota do oficialismo nas primarias do domingo pasado na Arxentina, achacado en boa medida á política económica, o ministro de Facenda do país vén de renunciar ao cargo. Nicolás Dujovne admite na carta de dimisión dirixida ao presidente que a xestión que lidera Macri necesita unha renovación significativa na área económica. Dujovne vai ser substituído por Hernán Lacunza, actual xefe da carteira de Economía da provincia de Bos Aires.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/08/2019