Dimite o experto escollido polo goberno balear para investigar o caso dos menores tutelados explotados sexualmente
Publicado o 25/02/2020 14:00
O experto escollido polo goberno balear, que comparten PSOE e Podemos, para investigar o caso dos menores tutelados explotados sexualmente, dimitiu antes de ser sequera nomeado.
Fracasa así a iniciativa coa que os socialistas e os seus socios agardaban poder evitar unha comisión de investigación. Ciudadanos quere que esa comisión se constitúa non na cámara autonómica senon no Congreso dos Deputados, e así o vai esixir no pleno desta mesma tarde.