CRTVG

Buscar

Dimite o director dos Mossos d'Esquadra cando faltan dous meses para o referendo 1-O

Publicado o 17/07/2017 21:00

Batlle, ex-alto cargo do tripartito, sempre defendeu que os Mossos d'Esquadra deben ser politicamente neutrais. Pere Soler será o seu substituto.

A dimisión de Albert Batlle prodúcese tras o cambio de conselleiros do pasado venres polo presidente da Generalitat, para afrontar a recta final da celebración do referendo do vindeiro 1 de outubro. A dous meses da celebración Batlle presentou a dimisión ante o novo conselleiro e alegou motivos políticos. Xa fora cuestionado polo independentismo pola súa escasa implicación coa consulta. Mañá noméase o novo director. É Pere Soler Campíns, dende 2013 director xeral de Servicios Penitenciarios da Generalitat.

"Cando a xente moderada, a xente que pon realismo político se ten que ir da Generalitat, desa Administración,  podería facer dúas cousas. Unha asumir Puigdemot e Junqueras o fracaso do 1 de outubro porque o referendo non se vai celebrar e vai ser un fracaso", di Soraya Sáenz.

Batlle é un ex-alto cargo do tripartito que sempre defendeu que os Mossos d'Esquadra deben ser politicamente neutrais. O ex-director dos Mossos asegura que seguirán perseverando na defensa dos cidadáns con escrupuloso respecto á lei.

"Eu teño claro que se poderá facer o referendo. Haberá moitos obstáculos, non teño dúbida, pero de ningún modo serán obstáculos insalvables", di Carme Forcadell.

Mentres o Goberno catalán acerela os trámites para a convocatoria electoral  sae á luz a primeira análise dos servizos xurídicos do Estado sobre a Lei do referendo. Consideran que a lei anula as garantías electorais. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/07/2017