CRTVG

Buscar

Dimite o conselleiro de Murcia tras a polémica por vacinarse

Publicado o 20/01/2021 18:58

O conselleiro de Sanidade de Murcia dimite tras a polémica por vacinarse contra a covid canda altos cargos e funcionarios do seu departamento incluída a súa muller.
 

Manuel Villegas. do PP, pedira desculpas publicamente horas antes, pero as peticións de dimisión chegaron tamén desde Ciudados, co que gobernan en coalición.

O presidente de Murcia eloxiou a súa xestión, e dixo agardar que "a vara de medir sexa igual para todos". Ademais do conselleiro murciano hai cinco alcaldes vacinados sen seren grupo de risco e que non dimitiron. Catro deles son socialistas e o partido xa lles supendeu a militancia.

Dimisións no País Vasco

Tamén renuncian os directores de dous hospitais de Biscaia tras coñecerse que recibiran a vacina contra a covid sen que lles correspondese. Os dous directores antes de incorporarse á xestión dos hospitais, foron edís do PNV no Concello de Bilbao.