CRTVG

Buscar

Dimite o concelleiro de Urbanismo de Lugo

Publicado o 19/03/2021 20:07
Dimite o concelleiro de Urbanismo de Lugo

O Concello de Lugo informou este venres de que Miguel Couto Alonso presentou na pasada xornada a súa renuncia como concelleira da Corporación municipal. O comunicado remitido polo Consistorio esgrime que o ats agora responsable de Urbanismo Sostible deixa o seu cargo por motivos persoais. A súa renuncia farase efectiva no próximo pleno ordinario, que se celebrará o xoves 25 de marzo. A área de Couto estivera no foco no ámbito local polas dificultades para o nomeamento da xefatura de servizo de arquitectura. Couto Alonso formaba parte do equipo de goberno de Lara Méndez desde principios de mandato.