CRTVG

Buscar

Dimite o comisario europeo de Comercio acusado de incumprir as normas sanitarias

Publicado o 26/08/2020 21:29
Dimite o comisario europeo de Comercio acusado de incumprir as normas sanitarias

O comisario europeo de Comercio, o irlandés Phil Hogan, decidiu dimitir tras ser acusado de incumprir as regras sanitarias contra a covid-19 nunha cea nun club de golf, segundo avanzou este mércores a cadea pública RTE.

A súa renuncia chega despois de que o primeiro ministro da República de Irlanda, Micheál Martin, afirmara nun comunicado que a actitude de Hogan debilitou "todo o enfoque da saúde pública" do Goberno. 

Noticias web

26/08/2020