CRTVG

Buscar

Dimite o alcalde de Ponteareas por razóns de saúde

Publicado o 29/04/2021 19:22
Dimite o alcalde de Ponteareas por razóns de saúde

Dimite o alcalde de Ponteareas e faino por razóns de saúde. Xosé Represas, do BNG, levaba de baixa por enfermidade desde o mes de decembro. Neste tempo estivo á fronte do concello a tenenta de alcalde, Cristina Davila, e seguirá ata que se celebre, nos próximos días, o pleno para elixir o novo rexedor. Xosés Represas entrou na corporación municipal de Ponteareas en 2007 e en 2015 foi elixido alcalde.