CRTVG

Buscar

Dimite a xefa de Policía de Atlanta tras a morte doutro mozo negro por disparos dun axente branco

Publicado o 14/06/2020 21:04
Dimite a xefa de Policía de Atlanta tras a morte doutro mozo negro por disparos dun axente branco

Nos Estados Unidos, dimitiu a xefa de Policía de Atlanta tras a morte doutro mozo negro por disparos dun axente branco. O axente, segundo transcendeu nas últimas horas, foi despedido. O momento quedou rexistrado nunhas imaxes.

O mozo, de 27 anos, foi tiroteado no aparcamento dun restaurante de comida rápida. Os axentes aseguran que se resistiu a ser detido e iniciou unha pelexa contra eles. O vídeo, que axiña circulou polas redes sociais, amosa parcialmente o incidente e non coincide coa versión dos policías.