CRTVG

Buscar

Carmen Montón dimite polas irregularidades do máster

Publicado o 12/09/2018 14:40

A da ministra de Sanidade de onte foi a terceira dimisión no Goberno de Pedro Sánchez nos pouco máis de tres meses que leva na Moncloa. Primeiro foi Màxim Huerta o que dimitiu como ministro de Cultura, apenas seis días despois de tomar posesión e tras se publicar que fora condenado por fraude fiscal. O pasado tres de setembro seguía os seus pasos a directora xeral de Traballo, que días antes autorizara a creación dun sindicato de traballadoras sexuais.

E onte, Carmen Montón, presionada por un incesante goteo informativo sobre supostas irregularidades do seu máster, anunciaba a súa renuncia pasadas as nove da noite. Fíxoo proclamando unha vez máis a súa inocencia, sacando peito polo labor desenvolvido na súa etapa á fronte do Ministerio e asegurando que coa súa marcha pretendía tan só evitar causar calquera prexuízo ao resto do Executivo de Sánchez.

A dimisión precipitouse despois de que trascendera un posible plaxio do Traballo de Fin de Master da Ministra de Sanidade. Supostamente copiou textos doutros autores sen citalos.(inserto)Foi o último. Antes diso trascenderan toda unha serie de irregularidades na consecución do máster: que o empezara tarde, que o fixera a distancia cando era presencial e que as notas se cambiaran meses despois de rematado o curso. Foron 38 horas nas que a Ministra insistiu na súa honestidade a atribuiu calquera ilegalidade á Universidade.

E sempre intentou marcar distancias con outros casos investigados na Rey Juan Carlos como o de Cifuentes ou Casado.

Cada hora que pasaba iban a máis as voces que pedían a súa dimisión. E a súa presencia no Consello de Ministros volveuse incompatible nun goberno que abanderou o discurso de rexeneración democrática.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/09/2018