CRTVG

Buscar

Dimite a directora de Saúde Pública de Madrid, contraria a avanzar na desescalada

Publicado o 07/05/2020 19:14
Dimite a directora de Saúde Pública de Madrid, contraria a avanzar na desescalada

A directora xeral de Saúde Pública da Comunidade de Madrid, Yolanda Fuentes, dimitiu do seu cargo un día despois de que o Goberno rexional decidira pedir ao Ministerio de Sanidade pasar á fase un da desescalada. No Goberno rexional non aclararon os motivos da súa dimisión, pero varias fontes apuntan a que estaba en desacordo con esa decisión. 

Pasar á fase 1 provocou un intenso debate no Consello de Goberno. A presidenta da Comunidade, Isabel Díaz Ayuso (PP), consideraba que Madrid aínda tiña que reducir a porcentaxe de enfermos en Unidades de Coidados Intensivos (UCI), e o vicepresidente rexional, Ignacio Auguado ( Cs), defendía que a rexión está preparada para pasar á fase 1 xa que ten "un sistema sanitario robusto".

A Comunidad de Madrid expuxo ao Goberno central o paso da rexión á fase 1 do Plan de Transición á nova normalidadee ambas partes emprazáronse a un novo encontro para estudar a documentación técnica.

A Comunidad de Madrid presentoulle ao Ministerio de Sanidade o documento onde argumenta os motivos polos que solicita pasar á fase 1 da desescalada o próximo 11 de maio. Madrid foi a ultima comunidade autónoma das que manifestaran a súa intención de pasar á fase en presentar a documentación. Finalmente presentárono pasadas as dez da noite. 

Noticias web

07/05/2020