CRTVG

Buscar

Os líderes de Podemos na Asemblea de Murcia dimiten para ir con Errejón

Publicado o 27/09/2019 22:57

Os dous deputados de Podemos na Asemblea de Murcia e líderes territoriais do partido abandonan os cargos e renuncian aos seus escanos. Fano criticando a Pablo Iglesias e ofrecéndose a Errejón para facer unha candidatura de Más País na rexión.

Óscar Urralburu, Ex-secretario xeral de Podemos Murcia: "O Podemos que quixemos construír xa non existe. Resultábanos imposible abordar unha campaña electoral a favor de Pablo Iglesias e en contra de Íñigo Errejón, parécenos inconcibible"

Tamén os militantes e simpatizantes de Equo ratificaron o preacordo para concorrer ás xerais con Más País. Disconforme coa decisión abandona o partido o líder, cofundador e cara máis coñecida do partido verde, o deputado Juan López de Uralde.

E Adelante Andalucía segue intentando unha papeleta única á que convida a sumarse aos de Errejón

Teresa Rodríguez, secretaria xeral de Podemos Andalucia: "Nin con Íñigo nin presentar unha lista fronte a Pablo, sempre foi unha proposta de unidade"

Iñigo Errejón asegurou que non pecha a billa de sumar apoios nin antes nin despois das eleccións.
A Xunta Electoral ampliou ata o luns o prazo para inscribir as coalicións electorais para o 10 de novembro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/09/2019