CRTVG

Buscar

Dimite a conselleira de Sanidade de Aragón tras a controversia dos EPI

Publicado o 12/05/2020 18:13

A conselleira de Sanidade de Aragón, Pilar Ventura, que o pasado venres dixo nunha comparecencia nas cortes autonómicas que era un "estímulo" para os médicos ter que facer os seus propios equipos de protección (EPI), presentou este martes a súa dimisión. Anunciouno esta tarde nunha comparecencia sen preguntas acompañada polo presidente de Aragón, Javier Lambán, quen insistiu en que a decisión foi da xa ex-conselleira e que el "xamais" a cesaría. 

Ventura di que deixa o cargo para non ser un atranco para superar a crise do coronavirus.

Noticias web

12/05/2020