CRTVG

Buscar

Dimisións no Concello da Coruña polo caso da compra de pisos a un afín á Marea

Publicado o 12/09/2018 21:09

Primeiras dimisións no Concello da Coruña polo caso da compra de dous pisos a un afín á Marea Atlántica. O Consello Consultivo anulou a operación pola que esta persoa recibiu 145.000 euros de diñeiro público. Renunciou a xefa do Servizo de Rehabilitación e Vivenda. Tamén dimitiu o concelleiro de Rexeneración Urbana, pero o alcalde non lle aceptou a renuncia.

O Consello Consultivo emitiu un ditame anulando a compra de dous pisos a un afín da Marea Atlántica. Unhas vivendas que o Concello da Coruña, que mercou por 145.000 euros, quería destinar a vivenda social. A anulación da compra xa provocou a dimisión da xefa do Servizo de Rehabilitación e Vivenda. Tamén renunciou o concelleiro de Rexeneración Urbana, aínda que eludindo a responsbilidade, pero o alcalde Xulio Ferreiro non aceptou a dimisión.

A oposición critica que o Goberno local da Marea aínda non lle entregara a resolución do Consultivo, cando din que foron eles os que nun pleno extraordinario solicitaron a revisión do expediente. Por iso esixen que se depuren responsabilidades.(oposición)O Concello enviará ao Consultivo a compra doutros tres pisos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/09/2018