Diminúen as aldeas abandonadas en Ourense no último ano
Publicado o 27/01/2021 21:30
Fontedouro levaba moitos anos comida pola maleza. Dende a chegada desta nova parella, a aldea comezou a recuperar vida.
Sara e Javier están facendo reformas aos poucos e teñen claro que aquí queren que medre o seu fillo, dun ano.
E coa pandemia están nesta pequena aldea de Punxín moito máis tranquilos que na cidade.
Animan outra xente nova a poboar o rural, moi esmorecido en Ourense, con 167 aldeas abandonadas.
Fontedouro é xunto con outras tres aldeas máis as únicas da provincia de Ourense que despois de moitos anos volven ter habitantes.