CRTVG

Buscar

Diminúe o ritmo de contaxios (+1.115), pero aumenta a presión hospitalaria (+31)

Publicado o 26/07/2021 10:10

• Hai 544 casos máis ca onte, a menor suba das últimas dúas semanas

• Baixan os casos na área sanitaria de Ourense (-86)

Os datos de hoxe relativos á pandemia semellan continuar cunha suave desaceleración nestes catro días. Hai 17.298 persoas con covid-19 no país, 544 máis ca onte, o menor incremento das últimas dúas semanas.

Con todo, o número de positivos diario segue por riba do milleiro -1.115-, sendo, polo de agora, a área de Vigo a que continúa rexistrando peores cifras. Porén, hai boas noticias: a área de Ourense é a primeira en rexistrar un descenso no balance dos casos activos (-86).

Por áreas sanitarias a repartición dos casos é a seguinte:

Vigo: 4.065 (+150)

Pontevedra: 2.940 (+67)

A Coruña: 3.121 (+135)

Ourense: 2.275 (-86)

Santiago: 2.213 (+113)

Lugo: 1.881 (+120)

Ferrol: 803 (+45)

Case 260 pacientes hospitalizados

A presión asistencial segue en aumento. Hai 258 persoas ingresadas: 233 en planta (+28) e 25 nas UCI (+3). Se botamos a vista dúas semanas atrás, vemos que había menos da cuarta parte de persoas en planta (55) e menos da metada nas UCI (11).

Mapas de incidencia

Noticias web

26/07/2021