CRTVG

Buscar

Diminúe a entrada de inmigrantes en Ceuta

Publicado o 19/05/2021 19:56

Algúns mozos aínda tentan chegar á praia do Tarajal a nado. Cada vez se afastan máis da costa para tentar eludir as lanchas da Garda Civil. Na praia, son inmediatamente interceptados. As imaxes non teñen nada que ver coa riada de persoas dos últimos dous días, despois de que a policía marroquí tomara por fin este mércores cartas no asunto. Para os que si lograron entrar, a falta de comida ou aloxamento significou a fin da aventura. Douscentos deles volveron polo seu pé a Marrocos. Outros 5.600 fixérono obrigados. Nestas naves permanecen 900 menores non acompañados. Estanlles facendo a proba da COVID e tentando determinar a súa idade.

O líder de Vox, Santiago Abascal, estivo en Ceuta este mércores. Falou dunha " invasión que lanzou milleiros de persoas, varóns, moitos deles en idade militar ao noso solo, tamén moitísimos mozos que son utilizados como ariete humano por parte de Marrocos". Abascal esixiu a militarización permanente da fronteira e que se derive a axuda económica a Marrocos para equipar as forzas de seguridade.

Noticias web

19/05/2021