Difunden unha nova fotografía de Nerea Añel, a moza desaparecida en Ourense
Publicado o 03/03/2020 12:06
En Ourense, familiares de Nerea Añel difundiron unha nova fotografía da moza desaparecida para intentar dar co seu paradoiro. Ten 27 anos e non se sabe nada dela dende o pasado 20 de xaneiro. Piden a colaboración cidadá para poder localizala.
Axentes da Policía Nacional investigan o seu círculo para descubrir que lle puido acontecer. Xa se realizaron buscas tanto con cans adestrados como con drons en distintas zonas da cidade de Ourense, polo momento sen resultado.
Máis sobre Ourense
20/01/2021 16:37
19/01/2021 16:44
19/01/2021 14:50