CRTVG

Buscar

Difícil conciliar o sono con tanta calor en Ourense

Publicado o 23/07/2019 13:49

Foi longa esta noite en Ourense. Longa noite de calor. Ás doce e media da madrugada os termómetros marcaban aínda 28 graos e non corría miga de aire. E é que cunha temperatura que non baixou dos 21 graos poucos remedios funcionaban.

Onte pola tarde nas comarcas de Valdeorras e do Ribeiro roldaron os 40 graos. Xente refuxiada nas casas, nas piscinas ou no río, na rúa ao sol só os que non lles quedou máis remedio.

Hoxe baixan algo as máximas, pero a sensación de bochorno é abafante polo vento húmido do oeste.

Descenden as mínimas tamén, ata seis graos en Ourense, e volven as nubes e volverá a haber queixa, nunca chove a gusto de todos.

Noticias web

23/07/2019