CRTVG

Buscar

As enquisas prognostican unha vitoria do PSOE, pero non aclaran a gobernabilidade

Publicado o 24/03/2019 15:19

Novas enquisas de intención de voto para o 28 de abril, neste caso de La Voz de Galicia e El País, con diferenzas de matices importantes. Destaca en titulares La Voz que "Vox segue de terceiro nun escenario ingobernable".

No contexto español, O PSOE obtería 113 escanos, 78 o PP, 50 Vox, 44 Ciudadanos e 35 Unidas Podemos. Mentres, no escenario galego, o PP lograría 10 representantes, 8 o PSOE, 3 as formacións resultantes de En Marea e 2 Ciudadanos.

Para El País, a nota destacada é que "o pacto de PP, Ciudadanos e Vox quedaría lonxe da maioría absoluta". A enquisa do rotativo madrileño asígnalle 122 deputados ao PSOE, 76 ao PP, 55 a Ciudadanos, 40 a Unidas Podemos e 31 a Vox, que aquí ocupa o quinto lugar.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/03/2019