CRTVG

Buscar

Diego Vázquez: "Creo que se fixo un alarmismo inxusto co sector da construción"

Publicado o 30/03/2020 09:44

Un dos sectores máis afectados tras o peche de toda actividade non esencial é o da construción.

Diego Vázquez Reino é presidente da Federación Galega de Construtores e este luns falaba no Bos días: "Foi unha noite intensa. Ata ben entrada a madrugada non soubemos cales eran os pormenores da decisión do Goberno. Nós marchamos o venres coa intención de seguir traballando o luns, esa é a realidade. Pero é certo que previamos que era unha das posibilidades".

"Creo que se fixo un alarmismo inxusto sobre o sector da construción. O decreto de alarma xa nos levou a implantar todas as medidas de seguridade", explicou.

Noticias web

30/03/2020