CRTVG

Buscar

Diego Vallejo confía en rematar o Dakar por cuarta vez

Publicado o 17/01/2019 16:17

Imonos ao Perú, imonos ao Dakar. Queda unha etapa e Diego Vallejo está mais preto de rematar por cuarta vez. Na penúltima etapa produciuse o abandono de Peterhansel tras sufrir un accidente. O seu copiloto tivo que ser retirado en padiola. O abandono de Peterhansel deixa en bandexa o triunfo de Al Attiyah e a segunda praza de Nani Roma. En motos o líder é o australiano Toby Price, gañador do Dakar hai dous anos, defenderá a primera praza na derradeira etapa do rally.

E vexan como quedou o coche de Diego Vallejo ao remate da novena etapa. Houbo que desmontar a carcasa exterior do mesmo. Desperfectos tras o paso polo deserto que non lles impediron rematar a etapa. Só resta a derradeira tirada. Diego Vallejo ten moi preto rematar o seu cuarto rally Dakar.







 

Noticias web

17/01/2019