CRTVG

Buscar

Diego Vallejo analiza a complicada sexta etapa do Dakar na TVG

Publicado o 10/01/2020 21:25

Etapa dura para os galegos no Dakar. Xa van seis días. Mañá será xornada de descanso. Necesaria, por outro lado. Así foi o día para Diego Vallejo: "Aquí estamos, na meta da sexta etapa, iso quere dicir que mañá temos xornada de descanso. Penso durmir todo o día porque hoxe foi longo outra vez, xa o sabiamos antes de empezar e sobre todo Óscar comportouse moi ben porque tiña problemas estomacais e coa perna, que ten roto o xeonllo, aguantou coma un titán, eu pensei na metade da etapa que non seguiamos e moi contento", di o copiloto do equipo SsangYong

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/01/2020