CRTVG

Buscar

Diego Martínez: "Nalgún momento adestrareime en Galicia"

Publicado o 26/06/2019 16:56

Preparado para asumir os retos da primeira e cun profundo coñecemento da categoría que acaba de abandonar, Diego Martínez non perdeu ripio do ascenso frustrado do Deportivo, do que pensa que estivo claramente penalizado polas expectativas durante a liga.

O fútbol apenas deixa uns días de xolda para gozar do conseguido. O vigués Diego Martínez, sen que sirva de precedente e como profeta en terra propia, acaba de recibir a medalla ao mérito deportivo da Federación Galega de Fútbol, logo de callar unha excelente temporada co Granada, acadando un ascenso directo que hoxe aínda valora máis tras o play off do Dépor.

O Granada foi o equipo con máis xornadas en ascenso directo e só fóra do play off en tres tiradas do campionato. O súmmun da regularidade é unha clave.

Diego Martínez asume o papel de sufridor a vindeira temporada no furgón de cola da primeira e soña con vir algún día a Galicia, pero non de visita.

Noticias web

26/06/2019