CRTVG

Buscar

Un galego gaña o Premio Nacional de Medicina da China

Publicado o 18/02/2019 16:05

Viña pasar uns días de descanso á Coruña. Pero pasou a tarde do sábado operando un caso complicado. Así é a vida de Diego: aeroportos, quirófanos, conferencias e unha asombrosa axenda en que collen 800 intervencións ao ano. A súa é unha vida de renuncias, pero tamén de satisfaccións.

Fixo historia por crear unha técnica revolucionaria coa que opera tumores de pulmón de xeito minimamente invasivo, o que se traduce en menos dor e unha recuperación máis rápida para os pacientes. Os libros tamén dirán del que foi o primeiro estranxeiro en gañar o máximo galardón de medicina na China. Pero para Diego o máis importante é crear escola.

Do Tíbet a Paquistán. Dos Balcáns a Corea. Diego seguirá insuflando alento nos pulmóns de quen máis o necesite nunha axenda sen oco ata xuño de 2020.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/02/2019